Charla sobre a Gripe A no Rosal
Lun, 28/09/2009
O vindeiro martes 27 de outubro ás 19:30 horas no Auditorio Municipal do Rosal celebrarase unha conferencia informativa que xirará ao redor da nova gripe ou gripe A.
A xefa do servizo de Medicina Preventiva do Hospital Xeral de Vigo, Margarita Cueto Baelo, achegarase ata a nosa vila para falar deste importante e novidoso tema.
Estas charlas están organizadas pola Deputación de Pontevedra coa colaboración da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e o Concello do Rosal.
Fonte:
Concello do Rosal 

