O Rosal
O Rosal atópase na desembocadura do río Miño, ao suroeste de Galicia.
Está situado a 42 metros sobre o nivel do mar, e nos seus 41,16 km² habitan un total de 6.183 persoas (28 de decembro do 2007).
Monumentos:
Entre os seus monumentos e lugares de interese podemos salientar:
- Os Muíños Do Folón e Do Picón.
- O monumento ao Cabaqueiro.
- Diversas Igrexas parroquiais, capelas e ermidas (de Santa Mariña, de San Miguel,de Pías, etc.)
- Varios cruceiros distribuídos por todo o Concello.
- A Casa Consistorial.
- E un longo etcétera cheo de beleza á espera de ser vista por tod@s os que non teñen aínda a sorte de coñeceren esta paraxe natural..
Festas:
- Festa das Medas (San Sebastián)20 de Xaneiro.
- Festa de San Vicente (Marzán)22 de Xaneiro.
- Festa de Entroido (Novás e Fornelos)Febreiro.
- Romeria de San Gregorio.9 e 10 de Marzo.
- Festa de San Gregorio6 e 7 de Abril.
- Festa de San Juan, San Julián, Santo de Febra.7 de Abril.
- Festa de San José Obreiro (Novás)1 de Maio.
- Festa de San Isidro.15 de Maio.
- Festa de San Juan (Martín)23 e 24 de Xuño.
- Festa do Alicerce.24 e 25 de Xullo.
- Feira do Viño.Xullo.
- Festa de Marzán.3 de Agosto.
- Festa dá Solla.23, 24 e 25 de Agosto.
- Festa do Alicerce.12 de Outubro.
- Festa de San Martiño.11 de Novembro.
Turismo:
No Rosal pódese gozar tanto de Turismo cultural como de Turismo verde.
Historia:
Concello da Moi Leal Vila do Rosal, así a chamou o rei Afonso XII logo de coñecer os encantos deste fermoso val que conta con catro Parroquias: Santa Mariña, San Miguel de Tabagón, San Juan de Tabagón e San Bartolomé de Eiras.
A nosa terra, marcada polos enclaves naturais do mar e a costa, ríos e montañas, ten unha extensión de 41,2 Km2. Para coñecer a súa beleza natural, onde o río e a vexetación vólvense máxicos, debemos acudir ao interior deste val situado entre as montañas Campo do Couto e Lousado que orixinaron este magnífico espazo natural regado polo río Tamuxe. É completado polos encantos da súa zona costeira e o discorrer do río Miño no seu tramo final antes de morrer no Océano Atlántico.



